Friday 03 de May de 2024

As pompas de xabrón dos Fabulosos Cleaners enchen a Casa da Cultura


 

Esta tarde o auditorio da Casa da Cultura encheuse de público para disfrutar dun espectáculo único. Miles de pompas de xabrón inundaron o escenario e o patio de butacas, deixando a nenos, nenas e persas adultas coa boca aberta. Todo grazas á marabillosa actuación e posta en escea dos Fabulosos Cleaners.